Solicitude de subvención para entidades e asociacións culturais

Código: 
405
Presentación: 
Online
Descarga

Á solicitude xuntarase a seguinte documentación, que se presentará de acordo cos modelos dos ANEXOS:

Documentación xeral:

  • Fotocopia do DNI da persoa que actúa como representante
  • Copia do documento acreditativo da representación que ten a persoa solicitante na entidade ou asociación
  • Certificación da conta bancaria da asociación
  • Declaración responsable para os efectos de solicitar (ANEXO IV)
  • Declaración responsable da/o secretaria/o da entidade, co visto e prace da/o presidenta/o da entidade, no que conste a relación de persoas que figuran na xunta directiva, así como as diferentes vogalías ou departamentos dela
  • Fotocopia do CIF da asociación ou institución que representa
  • Copia dos estatutos ou documentos acreditativos da personalidade da entidade. Na copia dos estatutos deberá figurar o selo xustificativo da inscrición no rexistro público correspondente
  • Acreditar a súa inscrición, de ser o caso, no Rexistro de fundacións da Xunta de Galicia, no do Estado ou en ambos os dous
  • Acreditar a súa inscrición, de ser o caso, no Rexistro de entidades relixiosas da Dirección Xeral de Cooperación Xurídica Internacional e Relacións coas Confesións dependente da Subdirección Xeral de Relacións coas Confesións ou en calquera outro rexistro público que as acredite como tal
  • Documentación acreditativa das súas normas, fins, obxectivos…

Documentación específica:

Cando os obxectivos das subvencións sexan programas de actividades:

  • Memoria do programa de actividades, relación gastos/ingresos (ANEXO II)

Cando o obxecto da subvención sexan os gastos de mantemento e reparación de infraestrutura e equipamento:

  • Memoria da necesidade do gasto (ANEXO III)

PRAZO DE PRESENTACIÓN: DO 09/09/2020 ATA O 23/09/2020 AMBOLOS DOUS INCLUSIVE