O Salón do Automóbil inicia a súa undécima edición con máis de 250 vehículos e o 90% dos concesionarios de Lugo representados

Miguel Fernández participou na inauguración desta feira, que xerou un volume de negocio de máis de 2 millóns de euros en anteriores edicións e recibiu a visita de máis de 10.000 persoas

Viernes, 11 de marzo de 2016
Fuente: 
Gabinete de Prensa
O Salón do Automóbil inicia a súa undécima edición con máis de 250 vehículos e o 90% dos concesionarios de Lugo representados

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, participou este venres no Pazo de Feiras e Congresos, na inauguraución do XI Salón do Automóbil, a feira de vehículos de referencia na provincia e en Galicia. O Concello colabora con este salón dirixido a dinamizar o mercado automobilístico,  posto que se enmarca na aposta da entidade local polos sectores estratéxicos da cidade, como é  o comercio que representa o 14% do PIB e o 16% dos postos de traballo no municipio. Neste senso incidiu Fernández, quen fixo fincapé nas boas expectativas que xera un evento feiral como este para o sector automobilísto, que no pasado ano 2015 en Galicia creceu por terceiro ano consecutivo. En Galicia, a provincia de Lugo encabezou a subida das vendas en 2015, cunha incremento do 18% e máis de 5.000 unidades. No acto de inauguración estiveron presentes tamén o xerente do Pazo de Feiras e Congresos, Rubén López, a Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especiais de Contas, Pilar García Porto, o Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e a xefa territorial de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia en Lugo, Marta Barreiro.

En anteriores edicións desta cita vendéronse máis de 170 vehículos, acadándose un volume de negocio que supera os 2 millóns de euros, e recibindo a visita de máis de 10.000 persoas, o que demostra a gran aceptación que supón este certame.

O Concelleiro aproveitou para felicitar á organización todo o esforzo realizado para sacar adiante un ano máis este salón, xa consolidado no sector, ao tempo que lles desexou moitas vendas aos concesionarios participantes.  

Máis de 250 vehículos á venda

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo converterase no mellor lugar para comprar vehículos do 11 ao 13 de marzo, e o no mellor sitio indicado para atopar os mellores automóbiles de ocasión, do 18 ao 20 de marzo, no que se porán á venda máis de 250 vehículos, estando representados o 90% dos concesionarios de Lugo, cun total de 31 marcas.

Horario

O horario de apertura ao público do XI Salón do Automóbil será de 11:00 a 21:00 horas, de xeito ininterrumpido. O prezo da entrada é de 3 euros.