Presentación do libro de relatos premiados no XVI Certame Ánxel Fole

27 de marzo de 2015 20:00h
Salón de Plenos do Concello de Lugo (Praza Maior)

Presentación de: Funambulistas, de Mercedes Leobalde, libro de relatos premiado no XVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole do Concello de Lugo e publicado por Edicións Xerais de Galicia. Coa participación da autora, de Manuel Bragado en representación da editorial, do alcalde de Lugo Xosé López Orozco e da concelleira de Cultura Carmen Basadre.

Organiza: Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.