O luns comeza a Campaña de promoción do Xadrez "Ti que fas? Eu xogo ó xadrez", da que é imaxe Quique Setién

As Concellerías de Educación e de Deportes colaboran con Xaquedrum na difusión deste deporte en Lugo. Este ano a Escola deportiva municipal de Xadrez ofrece 200 prazas e o prazo de inscrición tamén se abrirá o luns.

Viernes, 05 de septiembre de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Os Concelleiros de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, e de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, xunto con Pablo Castro Girona, da Asociación Cultural Xaquedrum deron a coñecer hoxe as iniciativas que se desenvolverán en Lugo, un ano máis, para a promoción do Xadrez no noso concello.

Esther Muñoz explicou que o vindeiro luns comezarán as actividades da Campaña Tí que fas? Eu xogo ó xadrez, que volverá ter como imaxe ó adestrador do CD Lugo, Quique Setién, e que ten como principal obxectivo promover o xadrez en Lugo.

Con esta campaña preténdese crear actividades alternativas para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e este tipo de iniciativas son importantes para a aprendizaxe dos nenos e nenas xa que poden aprender a xogar ao xadrez con monitores ou facer uso da biblioteca itinerante e ler libros. E o mesmo tempo, crear espazos onde os cativos poidan realizar actividades de ocio educativo en familia.

Estas actividades teñen moito éxito e cada vez son máis os nenos e nenas que se achegan a participar nelas. Ademais salientou que teñen un interese familiar para que pais, nais e nenos poidan compartir diferentes momentos de ocio dun xeito máis divertido.

Díaz Grandío, pola súa parte, destacou que a semana que vén abrirase o prazo de inscripción para as Escolas deportivas de Xadrez, que este ano contan con 200 prazas, o que demostra o interese que xa hai en Lugo pola práctica deste deporte e animou ós nenos e nenas a anotarse porque, lembrou o Concelleiro, esta actividade non é incompatible, nin moito menos, coa práctica de calquera outro deporte.

Pablo Castro, á súa vez, agradeceu o apoio das dúas concellerías na promoción do xadrez e anunciou que este ano virá a Lugo a facer a presentación da Escola deportiva o coñecido xornalista especializado en Xadrez Leontxo García.

Programación da campaña

Xaque na rúa e Baúl Viaxeiro

Desde o luns oito de septembro e durante todo o mes de setembro de luns a venres se levará a cabo o xadrez na praza Maior e ao mesmo tempo, instalarase o baúl viaxeiro para as persoas que queiran ler un libro. A actividade comezará ás 17 horas ata as 19:30 horas.

Simultáneas de Quique Setién

Quique Setién xogara partidas de exhibición en la plaza mayor. E tamén Quique Setién xogará contra membros da Escola Luguesa de Xadrez Dvorak 2.0. equipo da primeira división galega. A simúltanea se fará na praza maior.

V Torneo Cidade de Lugo

Do 19 ao 21 de Setembro organizarase a quinta edición do Torneo Cidade de Lugo, este torneo está dirixido a xogadores e xogadores con experiencia nas competicións oficiais. É un torneo válido para ranking internacional. Con máis de 2300 euros en premios.

Xaque nas aulas

Un ano máis, farase a campaña nos colexios Xaque nas aulas, na que os monitores de Xaquedrum levarán o xadrez aos colexios da cidade durante o horario lectivo.

Escola municipal de xadrez

Dende o día 8 de setembro ábrese o prazo para inscribirse na escola municipal de xadrez. Este ano haberá 200 prazas. Onde haberá grupos dende os catro anos e se volverá apostar por aumentar as clases de adultos, onde se fará un grupo para nais os venres de sete da tarde a oito e media dos vernes. Ao mesmo tempo, este ano como novidade, os pais e familiares poderán aprender a xogar o xadrez cos seus fillos.

Conferencia de xadrez de Leontxo García

Con motivo da inauguración da Escola Municipal de Xadrez Leontxo García dará unha conferencia Viaxe polo fascinante mundo do xadrez, que terá lugar o día 26 de setembro.