O Concello convoca as axudas para persoas con discapacidade que teñan que facer uso de taxi adaptado

Martes, 30 de abril de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, convoca as axudas económicas que concede o Concello de Lugo a persoas con discapacidade física e afectadas de graves dificultades de mobilidade para gastos do transporte en taxi adaptado.

Esta liña de axudas para persoas con discapacidade dispón dun presuposto este ano de 9.000 euros.

A contía da axuda a cada persoa solicitante será de 800 euros anuais e darase prioridade as persoas con menos ingresos no caso de que o número de solicitudes fora superior ó presuposto co que está dotada a convocatoria.

As bases da convocatoria foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia do sábado, día 27 de abril. O prazo de solicitude será dun mes dende o día seguinte a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

O ano pasado o Concello abonou 2.505 euros por gastos de transporte en taxi adaptado a seis persoas con discapacidade.