O Concello organiza unha visita á Biblioteca Provincial e un obradoiro de lecturas compartidas con motivo do Día do Libro

Viernes, 19 de abril de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Con motivo do Día do Libro, o servizo de Animación Sociocultural, que depende da Área de Benestar Social e Igualdade, organiza unha visita guiada á Biblioteca Provincial e un obradoiro de lectura.

O día 23 de abril, fecha na que se celebra o Día do Libro, está programada a visita guiada á Biblioteca Provincial. Será ás 18:00 horas. As persoas interesadas deberán anotarse no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra (Animación Sociocultural, 2º andar) ata o 22 de abril en horario de mañá.

Ó día seguinte, o mércores 24 de abril, celebrarase o Obradoiro “Lecturas compartidas”. Terá lugar ás 19:30 horas no Sala D do Uxío Novoneyra, 2º andar. Esta iniciativa ten por obxecto que todos os participantes se reúnan para falar dos seus libros preferidos, gustos literairos, etc. Para tomar parte nesta actividade non é precisa inscrición previa. Iso sí, anímase a que todas as persoas que queiran participar nela que leven o seu libro favorito para poder comentalo e mesmo dar lectura a un fragmento da obra.

Nesta iniciativa colabora o Club de Lectura do Centro de Convivencia Fingoi, que leva en funcionamento dende abril do 2011 co obxectivo primordial de despertar e potenciar o gusto pola lectura, compartir os momentos de lecer desta práctica con outras persoas do mesmo entorno, mellorar, a través da lectura o vocabulario, a comprensión lectora e, como non, a expresión oral e escrita.