Este sábado 20 de abril terá lugar o Trofeo El Progreso-Cidade de Lugo de deporte de Orientación

Jueves, 18 de abril de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O sábado tamén terá lugar o XXXVI Memorial Gregorio Pérez Rivera

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, xunto co Presidente do Clube Fluvial, Eduardo Núñez Torrón, o directivo do Fluvial, Eugenio Rodríguez, e en representación do Grupo El Progreso, Luis Barrio, presentaron hoxe o XI Trofeo Cidade de Lugo de deporte de Orientación que terá lugar o vindeiro sábado 20 de abril.

A proba, que será puntuable para os federados e puntuable para a Liga Galega 2013, comezará as 9.00 horas diante da Igrexa de Orbazai coa distribución dos dorsais. A saída dos primeiros corredores está prevista para as 10.30 horas e a entrega de trofeos, sorteos e clausura terán lugar a partir das 13.30 horas.

O Concelleiro de Deportes salientou que “o deporte de orientación xa non é un deporte minoritario, xa que esta proba deportiva está cada vez máis consolidada”. O responsable da área de Deportes tamén indicou que este fin de semana se achegarán máis de 1000 deportistas á cidade xa que hai numerosos eventos deportivos en todos os ámbitos.

O responsable de deporte de orientación do Club Fluvial tamén sinalou a gran aceptación e progresión deste deporte e deste trofeo, que ano a ano se vai afianzando cun aumento do número de participantes, nesta edición agárdase que sexan máis de 450 participantes de clubes de toda a comunidade galega. A proba contempla dúas categorías, unha con licenza federativa e outra sen licenza; neste caso pódese optar pola iniciación curta (P1) ou iniciación longa (P3).

Entregarase trofeo ós tres primeiros clasificados en categorías de federados. Ademais dun lacón entre os terceiros clasificados e tamén se fará entrega de camisetas conmemorativas. Entre tódolos participantes sortearánse ó finalizar a entrega de trofeos unha estancia con circuito termal para dúas persoas no Hotel Balneario Augas Santas de Pantón, dous lacóns, e tres bonos por 4 sesións de circuito de hidroterapia no Clube Fluvial.

XXXVI Memorial Gregorio Pérez Rivera

Este próximo sábado 20 de abril tamén terá lugar en xornada de tarde o XXXVI Memorial Gregorio Pérez Rivera de Atletismo no estadio do seu nome que hai na cidade. Nesta ocasión agárdase unha ampla participación de atletas galegos e incluso de Portugal.

Multimedia