Hoxe presentouse o I Torneo de Veteranos de Balonmán Cidade de Lugo

Jueves, 18 de abril de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O próximo sábado 20 de abril disputarase en Lugo o I Torneo de Veteranos de Balonmán Cidade de Lugo. Así o anunciaron esta mañá o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, xunto con representantes do Club ADC Descubrindo Lugo, Manuel Penelas e Oscar Rodríguez, e o Delegado de Coca-Cola, Raúl Centelles.

O Concelleiro de Deportes, animou a todos os lucenses a que se pasasen pola competición que vai reunir a grandes xogadores do balonmán como Julián Ruíz Gómez que foi 150 veces internacional ou Denis Krivochlykov, bronce nos Xogos Olímpicos de Atenas. A cita deportiva comezará ás 10:00 e rematará ás 20.00 no Pazo Municipal de Deportes de Lugo.

Nesta primeira edición participan equipos como Ademar de León, Teka de Santander, o Fin-Vall de Valladolid, o Corvera de Avilés, o Valle de Nalón e o ADC Lugo. Segundo os organizadores, o torneo, nace co obxectivo de incentivar o balonmán e contribuír á difusión da cidade. Para conseguilo invitaron a equipos de distintos puntos de España e todos cunha larga traxectoria no balonmán.

Multimedia