A Concelleira de Benestar Social e Igualdade asiste ao acto de conmemoración do Día Internacional de Mulleres Rurais

Martes, 21 de octubre de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, asistiu a un acto conmemorativo organizado pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR), para facer un balance das actividades que levaron a cabo nos últimos nos. Esta actividade estaba enmarcada dentro dos actos para a celebración do Dia Internacional das Mulleres Rurais.

Durante a celebración da xornada, as mulleres rurais, fixeron balance das actividades que levaron a cabo, así como os novos retos que se presentan nesta sociedade tan dispersa xeograficamente. Na sesión, valorouse tamén de xeito significativo o compromiso que este colectivo ten co eido medioambiental, pois, dada a condición laboral de centos delas, apostan polas prácticas ecolóxicas e pola xestión responsable dos recursos.

Multimedia