O Concello adxudica en 76.000 euros a renovación do abastecemento de auga a Montero Ríos

Lunes, 24 de marzo de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente, que dirixe Luis Álvarez, investirá 75.730 euros nas obras para a renovación do abastecemento de auga na rúa Montero Ríos.

O contrato será asinado polo Concello nos próximos días logo da decisión tomada hoxe pola Mesa de Contratación, que se reuniu este mediodía para tomar unha decisión unha vez comprobada toda a documentación e as ofertas económicas presentadas polas seis empresas aspirantes a realizar este proxecto.

O prazo para a execución das obras de reparación da rede de abastecemento de auga neste treito, que sofriu varias roturas, será dun mes e medio.

Este proxecto saira a licitación cun presuposto de 104.793 euros.

A oferta económica máis barata foi de 75.730 euros, que presentou a mercantil Sanle Lugo S.L. polo que será esta empresa a adxudicataria do proxecto para a renovación da tubería de abastecemento de auga en Montero Ríos.

O Concello convidou a seis empresas, o dobre do que é obrigatorio por lei, a participar no procedemento negociado de urxencia que se convocou para axilizar no posible os prazos e poder acometer estas obras o antes posible.