O Concello de Lugo condena a violencia de xénero e convida á cidadanía a sumarse á concentración que terá lugar mañá ás 12 na Praza Maior

Martes, 25 de febrero de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo condena a violencia de xénero e lamenta o feito acontecido hoxe  cunha veciña da cidade e ofrece as súas condolencias á familia da vítima segundo anunciou a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, ademais de poñer á disposición da familia os medios municipais que precisen.

Así, Ana González Abelleira, informou que se vai celebrar unha concentración diante da Casa do Concello mañá mércores 16 ás 12.00 horas en repulsa da violencia de xénero e “á que invitamos a institucións e aos veciños e veciñas para que se sumen e sexamos máis contra unha lacra á que lle hai que poñer fin”.

A responsable de Igualdade quixo lembrar que “é moi importante chamar ao teléfono gratuito 016 tanto as vítimas como o seu entorno para evitar situacións de perigo para as mulleres” que é gratuito e non deixa rastro no teléfono.