Nas primeiras semanas de xaneiro comezan as obras da segunda fase de mellora na rúa Perpetuo Socorro

Lunes, 16 de diciembre de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Infraestruturas e Zona Rural,  Manuel Chaín, fixo unha visita ás obras que o Concello de Lugo levou a cabo na rúa Perpetuo Socorro e que conlevou unha renovación de todos os servizos da rúa.

Manuel Chain destacou que “con estas obras seguimos traballando na mellora nas infraestruturas no barrio Feijoo e na modernización dos sistemas das rúas da cidade”. O responsable de Infraestruturas sinalou que a primeira fase das obras comprendidas entre a Avenida da Coruña e a rúa Rio Cabe, cunha distancia de 122 metros, está finalizada. Esta actuación na que se renovou totalmente os sistemas de saneamento, abastecemento, pavimento e iluminación, tivo un orzamento de 151.136 euros, financiados nun 18% polo Plan de Obras e Servizos da Deputación de Lugo.

A 2º fase das obras que comprende o tramo entre a rúa Rio Cabe e a rúa Otero Pedrayo, cun tramo de 68 metros, comezarán a principios de xaneiro, e con elas cambiarase o sistema de saneamento, abastecemento, pavimento e luminarias. O importe desta segunda fase é de 74.785 euros e está financiado nun 50% con fondos do Plan de Obras e Servizos complementario da Deputación de Lugo.

Multimedia