Aprobado o orzamento para o ano 2014 da empresa pública do solo Evislusa cunha participación municipal de 254.477 euros

Miércoles, 11 de diciembre de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno Local aprobou o pésame oficial polo falecemento do Alcalde de Viveiro, Melchor Roel

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou da celebración do Consello de Administración da empresa pública do solo, Evislusa, no que se aprobou o funcionamento deste empresa para o ano 2014 e que ten unha aportación municipal de 254.477 euros.
Dentro desa aportación municipal figuran labores como a realización do informe sobre o estado actual e labores mínimas de mantemento a realizar no Cuartel de San Fernando, xestión de tramitación de expedientes de rehabilitación  ou a xestión  e desenvolvemento do programa de subvencións ao aluguer social.
Luis Álvarez sinalou que “o Concello asumiu a responsabilidade de facer o informe no que se indique as obras e o mantemento mínimo que precise o Cuartel de San Fernando para que non sufra o contínuo abandono ata que a Xunta o adecúe como Museo da Romanización”.
Xunta de Goberno Local
O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, tamén informou dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá e dos que destacou o nomeamento para desempeñar en comisión de servizos o posto de Vicesecretaria. Así, nomeouse a María García Ferro, funcionaria de habilitación de carácter estatal, para desempeñar o posto de Vicesecretaria en comisión de servizo por un ano prorrogable e que desenvolverá funcións como órgano de apoio da Xunta de Goberno Local entre outras tarefas. 
Na Xunta de Goberno Local tamén se aproubou trasladar o sentimento de pésame ao Concello de Viveiro e á familia de Melchor Roel, tristemente finado no dia de onte.

Multimedia