Hoxe inaugurouse o módulo cuberto de atletismo nas Pedreiras que permite adestrar e competir en diversas probas deportivas

Viernes, 22 de noviembre de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, participou hoxe no acto de inauguración do módulo cuberto de atletismo situado na zona das Pedreiras. Esta instalación ofrecen a posibilidade de adestrar e competir en diversas probas deportivas. As obras tiveron un custe de máis de 1,2 millóns de euros e contaron coa colaboración da Deputación de Lugo.

Díaz Grandio dixo que “era unha instalación que tiña moita demanda no noso municipio e en toda a provincia de Lugo, pola climatoloxía que temos e sobre todo de pensando nos nenos e nenas que practican deporte, para facer posible que tamén poidan adestrar durante o inverno”. Tamén destacou que “esta é unha necesidade máis que se cubre para os deportistas lucenses e que agora podemos presumir de ter o mellor módulo cuberto de Galicia”.

Esta instalación deportiva conta cunha pista de 60 metros con 6 rúas, ademais de dúas rúas para a zona de salto de lonxitude e un apartado preparado tamén para o salto de pértega, para o salto de altura e para o lanzamento de peso. a instalación conta tamén cuns medidores para levar a cabo calquera competición en pista cuberta.

Multimedia