Este domingo iníciase o XIV Circuíto Larsa Corre con Nós nas Pistas Gregorio Pérez Rivera con máis de 2.700 persoas inscritas

Viernes, 22 de noviembre de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, informa que este domingo iníciase o XIV Circuíto Larsa Corre con Nós ás 12:00 horas nas Pistas de Atletismo Municipais Gregorio Pérez Rivera.

A inscrición este ano seguiu incrementándose coa nova modalidade única de Internet, onde se apuntaron 2.721 atletas entre os adultos e os menores, dos que 991 son menores e 1.730 son adultos.

Os horarios aproximados das probas xunto cos inscritos son os seguintes:

  • 12:00 horas: Categoría Mini: 139 rapaces e 117 rapazas que non utilizan chip, onde a súa competición é soamente participativa e non competitiva.
  • 12:10 horas: Categoría A: 188 rapaces e 160 rapazas.
  • 12:20 horas: Categoría B: 157 rapaces e 102 rapazas.
  • 12:30 horas: Categoría C: 75 rapaces e 53 rapazas.

A recollida de dorsais e chips para os corredores que elixiron facelo presencialmente será este sábado no Centro Comercial As Termas en horario de 16:00 a 20:00, xa que non se entregarán dorsais o día da proba.

As distancias dos circuítos son os seguintes: na categoría Mini é de 400 metros, na categoría A é de 800 metros, na categoría B é de 1.650 metros, na categoría C é de 2.600 metros e na categoría de adultos é de 4.900 metros.

Os corredores de todas as categorías recibirán antes da proba vía correo electrónico o seu número de dorsal para que xa o coñezan á hora de recollelo o próximo sábado en horario de 16:00 a 20:00.