Mañá publícanse as listas provisionais das bolsas formativas do proxecto Muralla Dixital

Martes, 07 de agosto de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Dende a Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos, infórmase que mañá mércores 8 de agosto publícanse as listas provisionais das persoas admitidas e excluídas para participar no proceso selectivo de 32 bolsas formativas. Estas forman parte dos obradoiros de dixitalización do proxecto Muralla Dixital, cofinanciado nun 75% polo FEDER no marco da 2ª convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP).

Ditas listas provisionais publicaranse no Taboleiro de Editos do Concello de Lugo, na páxina web institucional do Concello www.lugo.es (proxecto Muralla Digital) e tamén na propia páxina web do proxecto www.muralladigital.eu .

Establécese un prazo de subsanación da documentación requirida de tres días naturais desde a publicación de ditas listas provisionais tal como se establece nas bases da convocatoria, é dicir, o prazo remata o venres 10 de agosto de 2012. As subsanacións deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo, sito na Ronda da Muralla nº 197, ou en calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.