A Xunta Local de Seguridade estuda o dispositivo de seguridade das festas do San Froilán 2012

Jueves, 20 de septiembre de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Esta mañá tivo lugar a reunión de Xunta Local de Seguridade para comezar a deseñar os preparativos de cara as festas do San Froilán. O acto estivo presidido polo Alcalde, José López Orozco e o Subdelegado de Goberno, Ramón Carballo, ademais de contar co responsable da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao e diversos membros dos corpos de seguridade que participan no mesmo.

López Orozco explicou que “se van reforzar as medidas de seguridade e os corpos de seguridade do Estado e da Policía Local van estar ao servizo dos cidadáns” e lembrou que “hai unha experiencia do San Froilán que demostra que son unha festas tranquilas, onde desfruta a xente”. Ademais salientou que se vai publicar un bando, como en anos anteriores, nos que se lembraran as normas básicas de convivencia e de venta ambulante. Unha das novidades deste ano é a inclusión de tres rúas novas, que se engaden ao centro histórico e ao entorno deste, nas que estará prohibido levar a cabo calquera tipo de venda ambulante. As rúas son a de Puro Cora, Pascual Veiga, e o tramo peonil da Ronda da Muralla.

Na xuntanza distribuíronse planos das principais zonas de afluencia da cidade e que son as rúas do centro e do espazo habilitado para as vivendas do feirante na zona de Garabolos. Outro dos asuntos tratados foi o estudo do dispositivo de seguridade para os días, horas e actuacións na que se poden concentrar un maior número de persoas. Tamén indicou que, como en anos pasados, dobraranse o número de efectivos da Policía Nacional, Local e Autonómica.

Toda a información sobre as festas do San Froilán en www.sanfroilan.info

 

Multimedia