Este xoves comeza o programa "Móllate con nós" para a detección de novos nadadores

Lunes, 30 de julio de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O programa “Móllate con nós”, que organiza o CN Portamiñá en colaboración coa Concellería de Deportes, comezará o xoves, día 2 de agosto.

Esta é unha iniciativa que ten por obxecto a detección de novos nadadores para a temporada 2012-2013. “Móllate con nós é un programa de acceso á natación competitiva dirixida a nenos e nenas de 5 a 10 anos que estean interesados en nadar e en formar parte do equipo lucense de natación CN Portamiñá.

Móllate con nós desenvolverase todos os martes e xoves do mes de agosto e o primeiro martes de setembro entre as 10.30 e as 11.30 horas.

Para acceder é necesario adquirir un bono de 10 baños para menores de 16 anos e presentar unha autorización paterna no momento de facer o bono.

Persoa e teléfono de contacto para máis información: Fernando Timiraos 655 870 884.