O próximo 5 de febreiro comezan as novas actividades na Biblioteca e no MIHL da programación de animación a lectura

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da lingua, anuncia o comezo do programa de Animación á lectura e contacontos que se desenvolverá os xoves ou sábados entre os meses de febreiro e abril de 2015.

Estas actividades que se desenvolven na Biblioteca Municipal e algunha no MIHL están dirixidas para que nenos e nenas de entre 3 a 12 anos coñezan e desfruten coa lectura a través de contacontos e teatro. 

Lunes, 26 de enero de 2015
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O programa de animación a lectura comeza o xoves 5 de febreiro ás 18.30 horas cunha actividade especial para bebés entre 0 e 3 anos na que a compañía Contacontos de Pavís Pavós representará Palma repalma, contos para bebés. A duración será de 30 minutos e o número de asistentes máximo de 20 bebés que realizarán arrolos, cantos e ladaíñas para bebés recuperados da tradición oral.

Pero a programación de animación á lectura continúa con máis actividades para esta primaveira, novos contos e novos contadores que compartirán cos lectores máis pequenos divertidas e fantásticas historias.

A seguinte cita será o xoves 19 de febreiro, tamén ás 18.30 horas, coa historia Rato canguro  interpretado por Contacontos de Trinke-Trinke Teatro. Está dirixido para nenos e nenas maiores de 3 anos e ten unha duración de 40 minutos. O rato Fuco acode á biblioteca cun bebé porquiño ao que ten que coidar. A través dos contos, e coa colaboración dos nenos, tentará telo contento.

O sábado 28 de febreiro ás 12 horas, esta vez no MIHL, terá lugar un obradoiro de ilustración de contos para maiores de 6 anos impartido por Tarabelos. A duración é de 90 minutos.

Contacontos de Soledad Felloza presentan Dándolle a volta aos contos o xoves 5 de marzo ás 18.30 horas cunha duración de 50 minutos. Estes contos tradicionais teñen protagonistas femininas con ideas moi claras que non se deixan impresionar facilmente.

Un conto en viñetas é un obradoiro impartido pola ilustradora Noemí López para maiores de 6 anos que durante 30 minutos introduciranse na banda deseñada. Será o sabado 14 de marzo ás 12 horas no MIHL.