O programa pioneiro de compostaxe do Concello de Lugo acada moi bos resultados na calidade do ¿compost¿

Martes, 20 de enero de 2015
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, e o Presidente de Sogama, Luis Lamas, comprobaron in situ como se realizou o compost ao longo de seis meses dun dos participantes neste proxecto pioneiro.

Este programa de reciclaxe en colaboración con Sogama permitiu o reparto de 100 composteiros en diferentes zonas do concello para que fosen os propios veciños e veciñas as que realizasen este tipo de fertilizante natural nas súas casas. Así, os datos das analiticas realizadas periodicamente sianlan que nun 84% dos participantes obtiveron ou están en fase de obter compost de gran calidade.

López Orozco destacou “a gran implicación dos veciños e veciñas e felicitounos pola gran aposta que fixeron para eles e para o medio ambiente” e explicou que Lugo é a primeira cidade galega en aproveitar a experiencia da compostaxe xa que aproveitando os residuos conseguen facer un abono natural con excelentes propiedades para o cultivo.

Cada composteiro tiña unha capacidade de 360 litros que os participantes colocaron no exterior das vivendas e no que introducian todos os residuos naturais como poden ser restos de froitas, verduras ou incluso os posos do café, para que fermeten e asi conseguir o abono natural. Lugo foi a primeira das grandes cidades galegas na que se pon en marcha este programa para favorecer a compostaxe, no que participaron tanto veciños da zona rural como residentes en urbanizacións ou na cidade que teñen unha segunda vivenda.

Multimedia