O luns ábrese o prazo para inscribirse nas actividades de verán Aulas Abertas

Viernes, 14 de junio de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá as actividades de verán das actividades socioculturais coas que se busca dar máis facilidades para a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas de Lugo.

A programación de animación sociocultural está dividida en tres áreas: Aulas Abertas, taixhí aos aire libre, excursións de verán. As Aulas Abertas comezarán a funcionar no mes de xullo nos centros da Milagrosa, Lamas de Prado, Fingoi, Uxío Novoneyra, María Balteira e Sagrado Corazón en horario de 9:00 a 13:30 horas. Esta actividade está destinada a nenos e nenas de 4 a 12 anos. Terá unha cota de 1 euro ao día. As persoas interesadas deberán presentar a documentación requerida entre o día 17 e 21 de xuño nos propios centros de convivencia.

Durante os meses de xullo e agosto tamén se levará a cabo a actividade de taichí ao aire libre de carácter gratuíto e aberto a toda a poboación. Realizaránse na Praza de Augas Férreas só durante o mes de xullo en horario de 10.00 a 11.00 os martes e xoves e no Parque da Milagrosa os meses de xullo e agosto entre as 20:00 e as 21:00 horas os luns e os mércores.

González Abelleira tamén explicou que se van levar a cabo diferentes excursións para un máximo de 54 persoas cada unha e que están dirixidos a toda a poboación e organizadas dende os propios centros sociais, onde ademais poderán coñecer as rutas e os lugares que se visitarán.

Ademais lembrou que o día 21 de xuño con motivo do Día Internacional da Calceta en Público, instalarase na Praza Maior un posto no que todas aquelas persoas que estén interesadas poidan practicar diferentes puntos.

Multimedia