A cidade de Lugo acolle este próximo sábado a segunda edición da Canedupo Show Can

Miércoles, 18 de junio de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandío, acompañado de Rubén López, Director Xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, e Félix Fernández, Presidente do Clube Canedupo, presentaron esta mañá o II Canedupo Show Can, que terá lugar este sábado 21 de xuño.
 
O evento comeza este sábado entre as no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo entre as 15 e as 21 horas e no que se desenvolverán numerosas actividades relacionadas co mundo dos cans. Entre elas destaca a participación de persoas chegadas de distintos lugares como Portugal, Asturias ou Madrid para a sesión de agility.

Contará con concursos populares para cans con e sen pedigree, ademais haberá exhibicións de agility, Dog Disc, habilidades caninas, terapias asistidas con animais ou perruquería canina. As persoas que asistan tamén poderán participar en distintas charlas impartidas por profesionais na materia e talleres sobre distintas cuestións relacionadas co agility.

Díaz Grandio salientou que “non hai mellor deporte e terapia que sacar ás nosas mascotas a pasear xa que ademais de mellorar a condición física tamén crean un vínculo cos animais”.

O Agility é unha competición na que pode participar calquera can, teña ou non pedigree, e comprende diferentes tipos de obstáculos: saltos, obstáculos de zonas e obstáculos de paso, que os cans deberán pasar no menor tempo posible e evitando as penalizacións.