O Concello de Lugo invita aos cidadáns a sumarse aos actos do Día contra a violencia de xénero que se celebra mañá

Lunes, 24 de noviembre de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, anunciou esta mañá novidades relacionadas coas actividades do Dia Internacional Contra A Violencia de Xénero que se conmemora mañá día 25 de novembro.

O acto de inauguración en colaboración coa Deputación de Lugo, da escultura O voo das Bolboretas que estaba previsto para as 13 horas será finalmente ás 17 horas na Ronda da Muralla xusto diante do antigo edificio do Fogar de Santa María. Esta escultura elaborada en pedra por Quijada e deseñada por Luz Darriba pretende ser unha homenaxe a todas as mulleres que sofren esta lacra da violencia. Tamén anunciou que a Banda Municipal de Música de Lugo fará un pequeño concerto ás 12.30 diante da Árbore Da Vida e xusto despois da lectura do manifesto.

O martes 25 de novembro comezarán as actividades ás 12.00 coa entrega do premio de deseño gráfico Contra a violencia de xénero. A continuación, ás 12.30 horas, celebrarase a tradicional ofrenda floral como homenaxe ás mulleres vítimas de violencia ademais da lectura do manifesto diante da árbore da vida na Praza de Santo Domingo.

A partires das 20 horas terá lugar a representación da obra de teatro A muller soa de Franca Rame e Darío Fo, e que será interpretada por Ana Plaza. O acto terá lugar no Salón de Actos do Centro de Convivencia de Fingoi.

As actividades de conmemoración rematarán os días 27, 28 e 29 de novembro ás 20 horas cunhas veladas teatrais contra a violencia de xénero a cargo do grupo Microefectos Dramatúrxicos na rúa Menorca, na Praza de Campo Castelo, e na Praza do Campo respectivamente.

Multimedia