A segunda edición da E.ON Night Race solidaria terá lugar en Lugo o día 22 de novembro pola noite

Miércoles, 29 de octubre de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandío, o director xerente de Begasa e responsable de E.ON en Lugo, Luis García Santalla, e o responsable deportivo desta proba, Mikel de Pablo, presentaron esta mañá a segunda edición da carreira nocturna solidaria E.ON que se celebrará o próximo 22 de novembro a partir das 19:30 horas. No acto, tamén estivo presente a coordinadora do Banco de Alimentos de Lugo, Amadora Núñez, xa que durante a proba instalaranse urnas para que os participantes que o desexen fagan as súas donacións para esta asociación ben con alimentos ou aportacións económicas.

A E.ON Night Race, trátase dunha carreira nocturna na que se recollen aspectos tan importantes como o deporte en familia e a solidaridade, a través dunha iniciativa divertida e moi visual. Esta iniciativa, que se realiza baixo o lema “Ilumina tu ciudad”, non ten carácter competitivo, a inscripción é totalmente gratuita, e ésta pode realizarse a través do microsite www.eonnightrace.com . Agárdase que o número de inscritos sexa maior que o ano pasado chegando aos 1.400 deportistas de todas as idades.

A proba contará con varios circuitos, un dirixido aos máis novos, outro para alevíns e outro para maiores que constará de cinco kilómetros e percorrerá ademais da Muralla e a Avenida Ramón Ferreriro. A parte orixinal será que todos os corredores levarán unha linterna frontal entregada por E.ON, que encherá de luz esta experiencia.

Ademais, tamén se informou que a I Carreira Eon Night Race celebrada o ano pasado en Lugo foi seleccionado como o mellor evento deportivo de España e Portugal de 2013 pola axencia EventoPlus.

Multimedia