Un ano máis o campamento urbano polideportivo Lumiera Cup13 desenvolverase na cidade entre os días 1 e 26 de xullo

Jueves, 30 de mayo de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandio, a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, e o Presidente da Asociación Lumieira, Óscar Lorenzo, presentaron esta mañá a quinta edición dos campamentos de verán Lumieira Cup’13.

O Concello de Lugo, a través a Concellería de Deportes, a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua e o Parque Infantil de Tráfico, colaboran nesta quinta edición dos campamentos urbáns polideportivos, que se desenvolverán do 1 ao 26 de xullo na cidade.

Esther Muñóz, explicou que “dende o Concello tratamos de potenciar este tipo de actividades xa que son doblemente interesantes, por un lado forman aos nenos e nenas e polo outro, facilitan a conciliación familiar “.

Pola súa parte, Díaz Grandío destacou o gran éxito acadado por esta actividade nas anteriores edicións, e salientou que “é unha alternativa moi interesante para a época de verán, xa que ofrece a oportundade aos máis pequenos de achegarse a moitas modalidades deportivas que non son as máis habituais”.

O campamento está dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e desenvolverase de luns a venres, de 09.30 a 13.30 horas e de 15.30 a 19.30 horas, no Polideportivo da Facultade de Formación do Profesorado. Según destacou o coordinador do campamento e presidente da Asociación Lumieira, Óscar Lorenzo, hai posibilidade de optar aos campamentos tanto mensualmente como por semanas:

1ª semana - do 1 ao 5 de xullo
2ª semana - do 8 ao 12 de xullo
3ª semana - do 15 ao 19 de xullo
4ª semana - do 22 ao 26 de xullo

A Lumiera Cup’13 contará con servizo de autobús e opción a comedor. Tamén poderá participarse na actividade as Noites Divertidas que se desenvolverán unha noite por quincena. Según sinalou Lorenzo, os grupos non serán de máis de 50 rapaces, “xa que optamos pola calidade máis que pola cantidade”. A parte das actividades deportivas programadas, como loita, rugbi, karate, piragüismo, beisbol, tenis de mesa, patinaxe, fútbol sala, balonmán, atletismo, golf, piscina, hípica… os rapaces e rapazas tamén terán actividades lúdicas como excursións.

O prazo de inscripción para a primeira semana do campamento remata o día 28 de xuño, e así sucesivamente; cada mércores antes do comezo semanal da actividade, rematará o prazo de solicitude. As inscripcións poden facerse a través das páxinas web: http://lumieiracup13.blogspot.com ou lumieiralugo@gmail.com .

Multimedia