O Concello de Lugo defende o funcionamento do Centro de día Antonio Gandoy e o trato que reciben as persoas usuarias

Jueves, 02 de octubre de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo expresa o seu respecto e apoio a calquera investigación que leve a cabo a Xustiza e confía en que será a propia Xustiza quen acreditará o bo funcionamento dun equipamento tan necesario como o Centro de día Antonio Gandoy.

O Concello lamenta que se poña en entredito o funcionamento dun Centro que presta un servizo fundamental para as persoas máis vulnerables da nosa sociedade e ó que o Concello adica cuantiosos recursos económicos, suplindo así o que deixan de facer outras administracións con competencias na atención ás persoas maiores.

O Concello avalía continuamente o funcionamento de servizos como o Centro de día Antonio Gandoy e tamén recabou, no seu día, información máis polo miudo, mesmo respecto do trato que se dá ós anciáns, que incluiu, entre outras, averiguacións feitas tanto entre usuarios como os seus familiares os cales desbotaron a existencia de ningún tipo de mala práctica.

O Concello de Lugo dispón dun total de 103 prazas en Centros de día para maiores, 50 delas no Centro municipal Antonio Gandoy e o resto concertadas con distintas empresas do sector ás que se lles adxudica a prestación deste servizo previo concurso, como fan todas as administracións.