O luns 19 de maio ábrese o prazo para os alumnos da para inscribirse no próximo curso da Escola Municipal de Música

Viernes, 16 de mayo de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Escola Municipal de Música do Concello de Lugo abre este próximo luns 19 o prazo para inscribirse para o próximo curso 2014/2015 para os alumnos que xa están cursando este ano. O prazo para estes alumnos que queiran continuar cos seus estudos o próximo curso remata o 6 de xuño.

Para o novo alumnado o prazo de inscrición comezará máis tarde, o 9 de xuño, e rematará o 26 de xuño. En todo caso, a elección de horarios farase por orde de matrícula.

Entre as materias que se imparten, tanto a nenos como a adultos, figuran ensinanza da linguaxe musical e instrumentos sobre todo de vento e percusión (frauta, clarinete, saxofón, fagote, gaita, percusión tradicional, entre outros).

Os horarios de matrícula serán os luns de 09.30 a 13.30 e de 16:30 a 21.00, os martes de 17.00 a 21.00 hora, os mércores e xoves de 16.00 a 21.00 horas, e venres de 16.00 a 19.00 horas na secretaría da Escola de Música situada na primeira planta do Centro de Convivencia Uxio Novoneyra.