Con motivo da festa de Santa Rita, que se conmemora o xoves, día 22 de maio, o persoal do Concello celebrará durante esa semana o tradicional torneo de Santa Rita que inclúe diversas actividades deportivas e de ocio.
- Tema
Miércoles, 14 de mayo de 2014
Fuente:
Gabinete de Prensa
O torneo de Santa Rita, organizado pola Xunta de Persoal do Concello, comeza o mércores 21 cun campionato de tute e de xadrez. O xoves día 22 terá lugar o campionato de parchis.
Estas competicións terán lugar a partir das 16.30 horas en distintas salas da segunda planta do Centro cívico Uxío Novoneyra.
E o venres, día 23, está programado un partido de fútbol no que participarán tanto funcionarios como membros da Corporación Municipal e do que falta por pechar o lugar e a hora dependendo do número de participantes.