O Centro de Convivencia de Fingoi acolle este mércores unha charla sobre a enfermidade de alzheimer

Lunes, 18 de marzo de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade informa que o Centro de Convivencia de Fingoi acolle o próximo mércores 20 de marzo unha conferencia sobre a enfermidade de Alzheimer e outras demencias.

O acto será as 12:00 horas aberta a todo o público interesado en acudir a coñecer como actuar ante estas situacións e como previlo. A charla está organizada pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Lugo.