Preto de 8.000 persoas beneficiáronse este verán dos prezos establecidos polo Concello e a Deputación nas piscinas dos Robles

Lunes, 22 de septiembre de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Preto de 8.000 persoas desfrutaron dos prezos reducidos que o Concello de Lugo e a Deputación Provincial ofreceron este verán nas piscinas dos Robles. Nos meses de xullo, agosto e nas primeiras semanas de setembro houbo unha media diaria de 100 persoas.

Xullo foi o mes de maior afluencia, con máis de 3.500 persoas, seguido de agosto, con outras 3.000. Nas primeiras semanas de setembro, foron 1.400 os veciños e veciñas que se beneficiaron dos prezos reducidos.  
A entrada custou a metade que en anos anteriores, situándose nun euro para menores de 6 anos e en 2,20 euros para adultos. Estas cantidades reducidas foron idénticas ás que se aplican nas piscinas cubertas de Frigsa. As piscinas dos Robles contaron con 3 socorristas, servizos de seguridade e limpeza. 
O Concello de Lugo e a Deputación Provincial custearon o conxunto destas medidas con case 43.000 euros co obxectivo de facilitar á cidadanía unha zona de baño na cidade.

Multimedia