O xoves pola mañá haberá un corte de auga nalgunhas rúas do barrio de Fingoi

Martes, 09 de abril de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Lino González Dopeso, comunica que o próximo xoves, día 11 de abril, realizarase un corte na subministración de auga potable a varias rúas do barrio de Fingoi.

O corte na subministración de auga producirase durante a mañá e obedece á realización de traballos para a sustitución de tuberías en mal estado.

Segundo informa o Taller de Augas, as rúas afectadas polo corte de auga son as seguintes:

- Marxe dereita da rúa Padre Sarmiento
- Marxe dereita da rúa Armórica dende a rúa Aviación Española ata a rúa Padre Sarmiento
- Marxe esquerda da rúa Aviación Española dende a rúa Armórica ata a rúa Santo Domingo de la Calzada
- Rúa da Carpaza
- Rúa Mariscal Pardo de Cela e
- Rúa Estralote.