O Concello de Lugo promoveu a creación e instalación de novas empresas grazas ás bonificacións fiscais e a axilización de trámites

Jueves, 03 de enero de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, deu conta esta mañá dos acordos adoptados na Xunta de Goberno Local e dos que destaca dúas novas licenzas para a construción de naves industriais no parque empresarial de As Gándaras.

Sonia Méndez destacou que “estas licenzas, como as anteriores, son boas novas xa que xerarán postos de traballo para a cidade” e incitou á Xunta de Galicia “a que cree incentivos fiscais e promova o noso parque empresarial como fan noutros Concellos porque é fundamental para ter novas empresas e postos de traballo”. Así, sinalou que ata o momento, o Concello, concedeu 10 licenzas de obras para nove empresas no parque empresarial de As Gándaras.

Ademais, lembrou que dende o Concello se traballa para facilitar a instalación de novas empresas adoptando diversas medidas como a bonificación nun 50% da licenza de obra a todas as empresas que se instalen no parque empresarial de As Gándaras ou a posibilidade de substituír a licenza de apertura por unha comunicación que permite abrir pequenos comercios ao día seguinte. Esta mellora que supón unha redución na taxa permitiu que no ano 2012, 68 emprendedores puxeran en marcha novos comercios. Este ano pasado tamén se abriu a posibilidade da concesión da autorización para a realización de obras menores no mesmo momento de solicitala co que se axiliza un proceso burocrático que en ocasións podía tardar 30 días. Pero, como lembrou Sonia Méndez, xa no 2008 se creará unha bonificación sobre o Imposto de Actividades Económicas para aquelas empresas que xerasen postos de traballo con respecto ao ano anterior.

Aforro material de oficina
Por outro lado, a Xunta de Goberno acordou aprobar hoxe, a prórroga da contratación do subministro de material de imprenta con un gasto máximo de 27.069 euros, e de material de oficina non inventariable cun gasto máximo de 16.325 euros conseguindo un axuste no prezo que supón un aforro próximo de 20.000 euros con respecto ao ano pasado. Tamén se iniciou a licitación de compra de papel A4 e A3 para impresoras tendo que ser o papel 100% reciclado e procedente de madeira certificada por un máximo de 15.142 euros máximo. Ademais, Sonia Méndez, explicou que “grazas as medidas de aforro como a centralización do gasto, a contratación por lotes, á impresión en dobre cara ou a impresión en branco e negro, o Concello aforrou en 3 anos preto do 70% en material de papelería co que se pode adicar a outras partidas máis necesarias como servizos sociais”.

Multimedia