A próxima semana varios centros de convivencia acollen contacontos para nenos e nenas dentro da campaña Choiva de cores

Jueves, 21 de agosto de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade comunica que durante a próxima semana levaranse a cabo actividades de contacontos para nenos e nenas en varios centros de convivencia da cidade. Esta actividade, denominada Un mundo de cores, enmárcase dentro da campaña Choiva de cores, unha iniciativa da ONGD Viraventos.

A campaña Choiva de cores é unha iniciativa dirixida aos nenos e nenas entre os 3 e 6 anos, co propósito de que medren aceptando con total normalidade a presenza de persoas con diferenzas raciais, culturais ou relixiosas e que aprendan a recoñecer a riqueza que aporta esa diversidade.

O luns 25 de agosto as actividades desenvolverase ás 10:00 horas no Centro de Convivencia de Fingoi e ás 12:15 horas no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. Mentres que o martes 26 de agosto as actividades levaranse a cabo no Centro de Convivencia da Milagrosa.