O Concello de Lugo celebra o remate da folga de lixo e avanza a normalización do servizo a partir do turno da tarde

Jueves, 07 de agosto de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, mostraronse satisfeitos despois do acordo ao que chegaron traballadores e empresa esta noite e que pon fin a unha folga de lixo “que se alongou demasiado”.
López Orozco quixo agradecer o exemplar comportamento dos veciños e veciñas da cidade durante os 59 días de folga e “pedir desculpas pola situación da cidade ao longo destes dias”. Neste sentido, tamén agradeceu a importante labor que levou a cabo o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, os funcionarios do Concello, a Policia Local, a Policia Nacional, inspectores de sanidade e todos cantos participaron na resolución da folga.
“Foi unha experiencia dura pero Lugo ten máis de 2.000 anos de historia e os cidadáns saben sobrepoñerse a todos os contratempos” sinalou López Orozco, pero o fundamental “e debemos quedarnos con esta idea é que este conflicto se resolveu mediante o diálogo e a negociación nunha folga sen precedentes en España”. 
O Alcalde explicou que o Goberno Local traballou moito para poñer fin á situación o antes posible. Neste sentido, referiuse a que “houbo accións que se viron e foron públicas como os decretos de servizos mínimos, a contratación de Tragsa ou o ultimatum e multa a Urbaser pero houbo outras accións menos visibles como as largas horas de reunións e presións a ambas partes para que chegaran a un acordo”. “O Concello traballou con moito silencio porque nós non éramos os protagonistas do conflicto, era un problema entre empresa e traballadores”.
Así, a situación normalizarase durante esta tarde ao comezar a traballar o turno de tarde na recollida e limpeza da cidade, segundo avanzou López Orozco, que tamén anunciou á cidadanía que xa poden volver á  normalidade depositando o lixo dentro dos contenedores e no horario habitual “para que esta cidade que foi Escoba de Plata volva ser pero Escoba de Ouro”.
“Agora xa se pode transmitir a todos os visitantes que nos queiran coñecer que temos as dez portas da Muralla abertas para que se acheguen a esta cidade que sempre destacou por ser unha das máis limpas de España e máis acolledoras sen que teñan ningún tipo de problema co lixo” manifestou o Alcalde.
López Orozco tamén tivo un recordo para os grupos da oposición xa que “demostraron non estar a altura dos lucenses” especialmente o equipo de Jaime Castiñeira “do que non percibimos nin a máis mínima axuda só críticas e malidicencias como fan sempre e, especialmente, as ausencias do señor Castiñeira que leva dias sen aparecer pola cidade”.
Recibo do lixo
O Alcalde de Lugo tamén lembrou aos veciños e veciñas que o Goberno Local adquirira dende o primeiro día o compromiso de non cobrar no recibo do lixo a parte proporcional do servizo que non se prestou durante estes meses. “Farase no do mes de outubro porque neste foi imposible poder aplicar o desconto xa que só correspondía a dez días xuño xa que cando se emitiron non se sabía a duración da folga e era imposible materialmente facelo”.

Multimedia