O Concello de Lugo fai accesibles as piscinas municipais para as persoas con autismo a través de pictogramas

Miércoles, 06 de agosto de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e a Presidenta de CAPACES Lugo en representación da Federación de Austistas de Galicia, Ángeles Fernández, presentaron esta mañá os pictogramas que se instalaron nas dependencias das piscinas municipais para eliminar barreiras comunicativas.

Asi, o Concello de Lugo, realizou a adaptación das dúas piscinas municipais situadas nos complexos deportivos de Frigsa e das Pedreiras, que contan cunha sinalización composta por un total de 172 pictogramas, dos cales 92 instaláronse en Frisga e 80 nas Pedreiras.
Díaz Grandío explicou que “o Concello ten como meta eliminar todas as barreiras posibles polo que esta barreira comunicacional tamén é moi importante non só para persoas con autismo senón para tamén para outros usuarios das instalacións como poden ser as persoas maiores”. O Concelleiro tamén anunciou que “seguiremos elimando barreiras non só físicas en todas as nosas instalacións”.
Por outro lado, Ángeles Fernández,  explicou que esta iniciativa se está levando nas catro provincias e que “resulta fundamental para que as persoas con autismo poidan  incorporarse de maneira normal á sociedade e ademais serven para outras persoas”.
Estas adaptacións con pictogramas axudarán ás persoas con autismo a saber onde se atopan e o que van facer, proporcionándolles seguridade e autonomía no uso das instalacións. Esta adaptación visual tamén suporá unha axuda para outros colectivos como persoas maiores, con discapacidade intelectual ou con dificultades de comprensións lingüística.
Os pictogramas son representacións visuais dun obxecto, unha acción ou mesmo un concepto abstracto que facilitan a expresión e a comprensión da mensaxe, centran a atención da persoa e axudan a estruturar o tempo e o espazo, así como a planificar as actividades. Esta actuación enmárcase dentro do proxecto de accesibilidade levado a cabo pola Federación de Autismo de Galicia, co apoio da Fundación ONCE, nos concellos galegos.

Multimedia