O próximo domingo 9 de marzo terá lugar a XXIV edición do Dúatlon de Cidade de Lugo no que participan máis de 200 atletas

Miércoles, 05 de marzo de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o representante da Federación Galega de Triatlon, Migue Fernández, presentaron hoxe a XXIV edición do Dúatlon de Cidade de Lugo.

A carreira terá lugar o vindeiro domingo, día 9 de marzo, no entorno do Pazo de Feiras e Congresos. A recollida de dorsais poderá facerse na carpa da organización, no Pazo de Feiras e Congresos, de 8.30 a 9.30 horas. Ás 10.00 horas será a saída aberta para corredores federados, ás 11.20 a saída para a elite feminina, e ás 11.30 a saída da elite masculina. A distancia a percorrer será de 5 km de carreira a pé, 20 km en bicicleta e 2,5 km de carreira a pé, no entorno do Río Miño e da Carreteira de Ombreiro.

Según destacou o Concelleiro de Deportes, “esta é unha das probas mais antigas do calendario deportivo lucense, e que conta con importantes deportistas que acuden a esta competición, xa que puntúa para o campionato galego”.
 
Pola súa parte, Miguel Fernández, sinalou que “hai máis de 200 atletas tanto de Galicia como de Asturias e Castela-León inscritos nas probas o que indica a gran aceptación que ten esta proba no calendario deportivo”. Destacou que entre os favoritos da competición feminina, están Adriana Barraza, Verónica Montes, e Maria Martínez, e no masculino, Gustavo Rodriguez, César Sánchez, ou Abraham Castellanos.

Multimedia