O Concello de Lugo organiza 270 prazas en cinco excursións diferentes por Galicia durante o mes de agosto

Lunes, 14 de julio de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, anunciou esta mañá a apertura do prazo para inscribirse nalgunha das 270 prazas que o Concello de Lugo subvenciona para a realización de diferentes excursións a lugares de praia.

González Abelleira manifestou que “son unhas viaxes subvencionadas polo Concello para que as persoas que non teñen a oportunidade de viaxar a praia poidan facelo dunha maneira máis económica”. Neste sentido, explicou que as persoas que se inscriban deberán aboar 4,12 euros. O prazo de inscrición está aberto dende hoxe luns 14 de xullo ata o venres 18 de xullo no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra en horario de 10 a 13 horas.
A primeira viaxe está programada para o mércores 30 de xullo ás praias de Viveiro, o mércores 6 de agosto a excursión será a Cedeira/San Andrés de Teixido, o 13 de agosto visitarase a zona e praias de Pontedeume, o 20 de agosto as de Ribadeo e Tapia e finalmente, o 27 de agosto, a Betanzos. En caso de mal tempo haberá unha alternativa de viaxe e será a visita da villa ou da cidade máis próxima para que poidan aproveitar o día. 
A hora de saída de cada viaxe será dende a parada de autobuses urbanos da Praza de Santo Domingo ás 09.00 horas e o regreso aproximado está previsto para as 20.30 horas ao mesmo punto de saída. As persoas que non acudan á hora e ao lugar sinalado que previamente se lles comunique regresarán aos domicilios polos seus propios medios.

Multimedia