Lugo ten o Imposto de Bens e Inmobles máis baixo de Galicia e o sétimo de toda España

Miércoles, 12 de febrero de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa
O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, deu a coñecer que Lugo é o concello co Imposto sobre Bens e Inmobles (IBI) máis baixo de Galicia e o sétimo máis baixo de España segundo o indica o ránking tributario dos concellos españois de 2013 elaborado pola Axencia Tributaria do Concello de Madrid.
Luis Álvarez sinalou que “o señor Castiñeira leva sempre unha política de desinformación en canto aos número do Concello e, unha vez máis, axentes externos e do seu mesmo partido volve a confirmar os datos que nós damos”.  “No PP non se cansan de dicir que o IBI de Lugo é o máis caro de Galicia, de España, da Unión Europea e posiblemente da Vía Lactea pero amósase con claridade os datos reais e que Lugo é o máis barato de Galicia” segundo Álvarez.
O Concello de Lugo leva varios anos co IBI conxelado nunca época de dificultades económicas e no que o Goberno do Estado incrementou os impostos.
O Voceiro do Goberno municipal  tamén informou dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local e dos que destacou a aprobación inicial do proxecto refundido de urbanización do polígono das Saamasa sector SUNP N-I cun presuposto de execución de 1.740.657,88 euros e que conta cunha superficie de 21.606 metros cadrados. Con esta actuación permitirase urbanizar unha zona da cidade que conta con instalacións comerciais e próxima ao río Miño.
Na Xunta de Goberno Local tamén se aprobou o recoñecemento das horas extraordinarias levadas a cabo por tres funcionarios do servizo de Intervención nos últimos días de xaneiro con motivo da inclusión de datos económicos nunha aplicación do Ministerio de Facenda e que tiña como prazo de remate ese mes de xaneiro. Outro dos recoñecementos de horas extraordinarias é para o servizo de Protocolo pola asistencia a diferentes actos fóra do seu horario habitual.

Multimedia