O Concello de Lugo colabora na a recollida de roupa e calzado usado que se convertirán en comida para o pobo saharaui

Jueves, 06 de febrero de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

González Abelleira animou aos lucenses a participar a acoller nenos e nenas procedentes do Sahara nos meses de verán

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, a Presidenta da Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla, a delegada en Lugo da mesma asociación, Manuela Pacin, e o representante do Pobo Saharaui, Mohammed Heiba, presentaron unha nova campaña de axuda co pobo saharaui baixo o lema Xa non che serve ou xa non che gusta, entón dona, coa que se pretende que os lucenses donen roupa e calzado que non usen.

Con esta campaña de recollida de roupa e calzado, que xa se fixo o ano pasado tamén, poderanse cambiar os kilos que se consigan para comida e elementos básicos que se destinaran aos campamentos saharauis. Todos os que queiran participar poderán levar a roupa, complementos ou zapatos que xa non se usen á Casa de Asociacións Maria Mariño na rúa Monte Faro, onde se recollerán todos os días entre as 09.30 e as 13.30 horas de luns a venres.

Ana G. Abelleira sinalou que “o Concello sempre colabora con proxectos humanitarios e neste caso aportamos colaboración ademais das subvención nominativa para que poidan vir máis nenos e nenas a pasar o verán a Lugo”. “A idea é conseguir cubrir aquelas necesidades que teñen os pequenos que viven no Sáhara e que non poden ter acceso ao máis básico” segundo afirmou González Abelleira.

Pola súa parte, Maite Isla, explicou que parte de esa roupa e calzados que donen e estén en perfectas condicións será recollida e enviarase a través da Caravana pola Paz, aos diferentes campamentos saharauis. Neste sentido, explicou que a Asociación leva a cabo diferentes accións para intentar mellor a calidade de vida nestes campamentos como son campañas sanitarias nas que persoal médico galego se desplazou a facer revisións nos poboados ou as Caravanas pola Paz coas que distribúen material básico alimenticio, sanitario e roupa.

Tamén Mohammed Heiba deu as grazas pola colaboración “tanto do Concello como dos galegos” e sinalou que “non podemos permitir que este conflicto pase inadvertido porque hai moitas familias que están sufrindo as consecuencias”. Sinalou tamén que debido á crise económica moitas organizacións tiveron que reducir a axuda que normalmente prestaba nos campamentos.

Multimedia