Este domingo celébranse en Lugo os XVI Xogos Autonómicos de baloncesto Special Olympics

Jueves, 22 de noviembre de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, participou esta mañá na presentación dos XVI Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics Galicia, que terán o próximo domingo 25 de novembro no Pazo Provincial dos Deportes.

Nesta xuntanza máis de 300 deportistas con discapacidade intelectual ademais de competir participarán nun homenaxe a Pepe López, membro da Xunta Directiva de Special Olympics e de Aspnais. En total, contará coa participación de 21 asociacións de todo Galicia que desprazarán a 306 deportistas con discapacidade intelectual e 76 adestradores e contará coa colaboración de 60 voluntarios.