O Alcalde de Lugo recibe aos nenos e nenas saharauis que pasarán o verán en Lugo coas súas familias de acollida

Martes, 08 de julio de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, recibiron esta mañá as dez familias de Lugo que acollen nenos e nenas saharauis durante o verán dentro do programa Vacacións en Paz.

No acto tamén estivo Habibulah Mohammed, Delegado Saharaui para Galicia, e Emilio Portela, Vicepresidente da Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, que agradeceron ás familias a acollida destes nenos e nenas xa que durante estes dous meses poderán facer revisións médicas, alimentarse mellor e coñecer outra realidade.

López Orozco manifestou o seu agradecemento ás familias de acollida e solicitou ao Goberno de España tomar as medidas necesarias que poden acabar coa represesión que sobre o pobo saharaui.
f
Pola súa parte, Ana González Abelleira, anunciou que o Concello de Lugo vai a seguir colaborando con esta causa e que “seguiremos coa aportación de 7.000 euros para que poidan seguir vindo durante o verán”. Na visita participaron catro nenas e cinco nenos, así como as súas respectivas familias lucenses que participan no programa Vacacións en paz.

A Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui pon en marcha cada ano este programa que lles permite ós rapaces disfrutar das vantaxes de vivir nunha sociedade desenvolvida, tanto no que se refire á alimentación e a saúde como as actividades de ocio, ó tempo que evitan sofrir as altas temperaturas de verán que soportan nos campamentos de refuxiados .

Este verán son dez os nenos e nenas que disfrutan do verán en Lugo grazas a este programa de acollida . Chegaron esta pasada fin de semana e permanecerán aquí ata principios de setembro.

Multimedia