O Concello organiza o III Torneo Cidade de Lugo de Nadal de xadrez que se celebrará o día 23

Miércoles, 05 de diciembre de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Terceiro Torneo Cidade de Lugo de Nadal de xadrez celebrarase o día 23 de decembro, organizado polas Concellerías de Educación e Deportes, a Vicepresidencia Primeira da Exma. Deputación de Lugo, a Asociación Cultural Xaquedrum e a Escola Luguesa de Xadrez coa colaboración de Confecciones Yute, Casa Paco, Sogama, El Progreso e Telelugo.

O Torneo disputarase no Centro Lug 2 na rúa Pintor Corredoira 4, pola tarde, en horario de 16.00 a 20:00 horas.

Os interesados en participar no torneo deberán realizar a inscrición, entregando o formulario o monitor do colexio ou escribindo un email a torneosxaquedrum@yahoo.es.

O torneo será totalmente de balde e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect.
A inscrición poderase realizar ata o 21 de decembro ás 16 horas, os que non se inscribiron neste prazo poderán non participar. Importante.

Neste torneo haberá seis categorías:

- Menores de 8 anos.
- Menores de 10 anos.
- Menores de 12 anos.
- Menores de 14 anos.
- Menores de 18 anos.
- Categoría de familiares.

A entrega de premios será no propio centro ás 20 horas.

Multimedia