O martes remata o prazo para inscribirse no XII Trofeo El Progreso-Cidade de Lugo de Orientación que terá lugar o sábado 12 de abril

Viernes, 04 de abril de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, xunto co directivo do Fluvial,  Eugenio Rodríguez, e en representación do Grupo El Progreso, Luis Barrio, presentaron hoxe o XII Trofeo Cidade de Lugo de deporte de Orientación que terá lugar o vindeiro sábado 12 de abril.

A proba comezara ás 9.00 horas na zona do Colexio Galén coa distribución dos dorsais. A saída dos primeiros corredores está prevista para as 10.30 horas e a entrega de trofeos, sorteos e clausura terán lugar a partir das 13.30 horas.

O Concelleiro de Deportes salientou que “o deporte de orientación xa non é un deporte minoritario, xa que esta proba deportiva está cada vez máis consolidada”. O responsable da área de Deportes tamén que haberá algunha novidade con respeto ao lugar de celebración da proba que terá o seu punto de partida dende o colexio Galén. O prazo para inscribirse na proba aínda está aberto ata o martes 8 de abril.

O responsable de deporte de orientación do Club Fluvial tamén sinalou a gran aceptación e progresión deste deporte e deste trofeo, que ano a ano se vai afianzando cun aumento do número de participantes, nesta edición agárdase que sexan máis de 450 participantes de 24 clubes diferentes de toda a comunidade galega, de Asturias e Castela-León.

Entregarase trofeo ós tres primeiros clasificados en categorías de federados. Ademais dun lacón entre os terceiros clasificados e tamén se fará entrega de camisetas conmemorativas. Entre tódolos participantes sortearánse ó finalizar a entrega de trofeos dous bonos para a estación de esquí de Manzaneda e acceso ao spa, dous lacóns, e tres bonos por 4 sesións de circuito de hidroterapia no Clube Fluvial.

Multimedia