Ana González Abelleira deu a coñecer os gañadores dos certames de fotografía e de deseño gráfico contra a violencia de xénero

Miércoles, 30 de octubre de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Os premios están dotados con 600 euros e un agasallo que se entregarán durante os actos de conmemoración do Día Internacional contra a violencia de Xénero

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá as obras gañadoras de dous certames, un de carteis e outro de fotografía, organizados pola súa área.

No caso do IV Certame de fotografía Revelando o Machismo, presentáronse 11 traballos chegados de diferentes puntos de España que trataban de plasmar en imaxes a desigualdade entre homes e mulleres e o sexismo. Nesta categoría o gañador foi unha fotografía do lucense Juan Carlos Núñez Yáñez, que leva como título Media Naranxa. O premio está dotado con 600 euros e un agasallo. Neste caso, entre outros, formou parte do xurado o fotógrafo Pepe Álvez.

No caso do concurso de Deseño Gráfico contra a Violencia de Xénero presentáronse 23 carteis, nos que se valorou sobre todo o impacto do lema que contén. Ademais servirá como cartel da Xornada contra a Violencia de Xénero que se celebra no mes de novembro e como campaña de sensibilización e difusión en materia de prevención. A obra gañadora é de Sara Silvar Leira e leva por título Fala, denuncia, ex-presa-te. O premio está dotada con 600 euros e un agasallo. No xurado deste certame destacou a presencia da activista a favor dos dereitos da muller e artista plástica, Luz Darriba.

Multimedia