Na reunión do Foro de Igualdade traballouse nas actividades para a celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero

Jueves, 04 de octubre de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presidiu esta mañá a xuntanza do Foro de Igualdade do Concello de Lugo para preparar as actividades que se van desenvolver na último trimestre do ano. Entre elas, Basadre, destacou que “estivemos traballando para estudar as actividades que se van levar a cabo no mes de novembro con sobre a violencia de xénero e que se presentarán nos próximos días”.

A responsable da área de Benestar Social, tamén manifestou a súa preocupación ante a insensibilidade da sociedade cando presenzan casos de violencia. Neste sentido referiuse a unha carta ao director publicada nun medio local, no que unha veciña manifestaba a súa incredulidade pola non reacción dos viandantes que o outro día presenciaron como un home agredía a unha muller na rúa e ningún deles interviu.
Ante esta acción, Carmen Basadre, fixo un chamamento en nome de todos os membros que conforman o Foro de Igualdade, para pedir á sociedade “que non caian na insensibilidade total, que neses casos se non queren intervir que non o fagan pero que, polo menos, avisen á Policia”. “Non podemos pechar os ollos ou mirar para outro lado mentres as vidas das persoas corran perigo” sentenciou a Concelleira.

Concurso de fotografia e deseño gráfico

Tamén está aberto o prazo para presentarse aos certames de deseño gráfico e de fotografía contra a violencia de xénero. No primeiro dos certames, valórase especialmente o impacto do lema que conteña o deseño e poderanse entregar na Casa da Muller ata o 15 de outubro. O premio ascenderá a 600 euros ademais dun diploma.

O prazo para a presentación de traballos ao Certame fotográfico Revelando o machismo estará aberto ata o 19 de outubro, dotado cun premio de 600 euros máis diploma.

Multimedia