Comunicado do Concello de Lugo

Lunes, 17 de septiembre de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello lembra que desde este luns, día 17 de setembro, tal como se anunciara, quedará prohibida a circulación e estacionamento de vehículos non autorizados nas rúas peonís da Zona monumental.

Por este motivo, os pais de alumnos escolarizados nos centros escolares situados no Casco histórico non poderán acceder cos seus vehículos, como viñan facendo ata agora.

O Concello mantén a súa intención de ofrecerlles unha zona de estacionamento alternativo durante vinte minutos nas horas de entrada e saída dos colexios ós pais de alumnos de educación infantil nas proximidades dos centros escolares para o que fixo xestións coa empresa concesionaria do aparcamento da praza da Constitución.

Esta medida non pode ser de aplicación inmediata ante a imposibilidade por parte da empresa concesionaria de facilitar, polo momento, os medios precisos para a identificación dos vehículos dos pais destes alumnos.