Instalado o mobiliario no tramo peonil da ronda da Muralla

Lunes, 17 de septiembre de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Comezaron as obras de humanización do tramo peonil da Ronda da Muralla. As obras contan cun orzamento de 60.689,02 €. A este orzamento hai que engadir outros 73.000 € que irán destinados á instalación de alumeado público. Instaláronse un total de 22 bancos con xardineira; 7 xardineiras e 7 papeleiras no tramo comprendido entre a Rúa Vilalba e a Praza da Constitución, adoptando este un carácter peonil. Ademais instalaranse luminarias de acordo co entorno monumental.

Esta actuación esta relacionada coas propostas existentes no documento da Axenda 21 como proposta de rexeneración do espazo urbano e supón a mellora e humanización do tramo peonil da Ronda da Muralla. A instalación deste mobiliario converte a zona en peonil dun xeito definitivo. Esta intervención supón gañar este tramo como espazo de uso para os veciños e veciñas e convertelo nunha sala de estar para os lucenses.

Multimedia