Quique Setién promociona o xogo do Xadrez

Viernes, 14 de septiembre de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O entrenador do CD Lugo, Quique Setién, participará o luns na campaña “Ti que fas? Eu xogo ó Xadrez”, que desenvolven as Concellerías de Educación e de Deportes, a Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum e o Grupo El Progreso.

Quique Setién xogará unha simultánea contra dez xogadores o luns, 17 de setembro, ás 18.00 horas, na Praza Maior, dentro desta campaña que pretende fomentar o xogo do xadrez, fomentar as actividades lúdicas e educativas nas prazas da cidade e difundir a Escola Municipal de Xadrez, que forma parte das Escolas Deportivas do Concello.

Para desenvolver esta campaña cederon a súa imaxe Quique Setién, entrenador do CD Lugo; Jorge Mira, catedrático de Física da USC e presentador da TVG; Ivan Salgado, Campión iberoamericano de Xadrez e asesor da Escola Luguesa, e a alumna desta Escola, Wafai Sarhani. 

Multimedia