A Xunta de Goberno Local dá cumprimento a un auto do TSXG e declara a inexecutabilidade parcial da sentenza do número 16 de Montero Ríos

Lunes, 11 de febrero de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno Local celebrou hoxe unha sesión extraordinaria para dar cumprimento a unha formalidade requirida nun auto ditado nos últimos días pola Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación co edificio número 16 da rúa Montero Ríos.

Unha vez que o edificio xa foi legalizado a través das correspondentes licenzas, unha en canto á altura, logo da demolición feita na última planta, e a outra respecto do fondo, a Sala solicitou ó Concello a formalidade da declaración de inexecutabilidade da sentenza ditada no seu día.

Por este motivo, a Xunta de Goberno Local tomou hoxe o acordo de declarar a inexecutabilidade da sentenza, tal como lle fora requirido polo Alto Tribunal, e deseguido darase traslado deste acordo á Sala do Contencioso Administrativo.

O Goberno local dá así un novo paso para darlle solución a un problema urbanístico que se viña arrastrando desde o ano 1991.