O Alcalde de Lugo recibiu a visita do novo responsable de Tráfico da Garda Civil en Lugo

Lunes, 20 de agosto de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá ao capitán Javier Miranda, novo responsable do subsector de tráfico da Garda Civil na provincia de Lugo. No encontro trataron a importancia da colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local en materia de tráfico.

López Orozco explicou que “xa lle comentei que nos gustaría aproveitar a súa experiencia e coñecemento para poñer en marcha unha labor formativa que queremos comezar coa Policía Local en materia de atestados, atención en accidentes e similares para poder formar aínda mellor aos nosos axentes.” O Alcalde tamén aproveitou a ocasión para felicitalo polo traballo que desenvolve a Garda Civil a favor da seguridade cidadá e indicou que “o Concello estará sempre a súa disposición para colaborar e mellorar o tráfico, neste caso, na nosa cidade e provincia.”

Multimedia